16 Abr Probas da próxima fin de semana.
A Delegación da F.G.A en Vigo organiza o XX Campionato de Galicia de Clubs ó Aire Libre o día 21 de Abril, nas pistas de Balaídos.
Nesta fin de semana tamén teremos competición para os mais novos, de xeito que continuaremos co programa Xogade de Pista o Aire Libre. Nesta xornada, 3ª das que se disputan, os atletas de categoría Benxamín e Alevín poderán participar como máximo en dúas probas das que compoñen o programa. No caso de participar en dúas carreiras só poderá realizarse unha de máis de 250 metros.
Na categoría infantil, cada atleta poderá participar en cada xornada nun máximo de tres probas, respetando sempre a seguinte norma de participación: tres concursos; dous concursos e unha carreira ou un concurso e dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros). No caso de participar en dúas probas respetarase a seguinte norma de participación: dos concursos; un concurso e unha carreira ou dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros). Nesta categoría convocanse tamén as probas para o Tetrathlón.
O programa de competición das xornadas previas completarase con probas para a categoría cadete e xuvenil; nas que podrán participar atletas desta categoría con ficha dilixenciada por Clubes da Delegación en Ourense e O Barco de Valdeorras da Federación Galega de Atletismo.
A Secretaría Xeral para o Deporte pon a disposición dos atletas un servicio de autobús que saira as 15:15 do Pavillon dos Remedios e terá a súa volta as 20:00 do complexo deportivo de MONTERREI.

Sorry, the comment form is closed at this time.