FIN DE SEMANA DE CAMPIONATOS AUTONÓMICOS

FIN DE SEMANA DE CAMPIONATOS AUTONÓMICOS

Fin de semana de campionatos autonómicos para o Ourense Atletismo. Tivemos presenza en tres: Mauro Gómez reprsentounos no Campionato de Galicia de Combinadas na categoría sub18, Miguel Ángel Álvarez no Campionato Galego de 5KCristina Ferrándiz no Campionato de Cataluña Máster.

Mauro Gómez participou novamente nun Campionato Galego de Combinadas, onde obtivo a décima praza na categoría sub18. A puntuación total foi de 3.688 puntos. A proba onde máis puntuación conseguiu foi a dos 100 metros con 481 (12.92″). Por posición, o seu mellor resultado foi no disco, coa sexta praza grazas a un lanzamento de 27.33 metros.

Miguel Ángel Álvarez quedou na 32ª praza do Campionato Galego de 5K en categoría absoluta e 5º M40 cun tempo ao chegar a meta de 16:55. Mantivo un ritmo constante sen diferenzas significativas cos competidores máis próximos na meta.

Cristina Ferrándiz obtivo as medallas de ouro nos 100 e nos 200 metros lisos. No hectómetro obtivo unha marca de 12.89, o que supón un novo récord catalán F35, e nos 200 metros rexistrou unha marca de 27.24 co vento en contra de -1.1.

Podes consultar os resultados dos diferentes autonómicos nas seguintes ligazón:

CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA COMBINADAS ABSOLUTO SUB23 E SUB18

CTO GALEGO 5K

Campionat Catalunya Màster Individual

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.