03 Jun FIN DE SEMANA DE CAMPIONATOS AUTONÓMICOS
Fin de semana de campionatos autonómicos para o Ourense Atletismo. Tivemos presenza en tres: Mauro Gómez reprsentounos no Campionato de Galicia de Combinadas na categoría sub18, Miguel Ángel Álvarez no Campionato Galego de 5K e Cristina Ferrándiz no Campionato de Cataluña Máster.
Mauro Gómez participou novamente nun Campionato Galego de Combinadas, onde obtivo a décima praza na categoría sub18. A puntuación total foi de 3.688 puntos. A proba onde máis puntuación conseguiu foi a dos 100 metros con 481 (12.92″). Por posición, o seu mellor resultado foi no disco, coa sexta praza grazas a un lanzamento de 27.33 metros.
Miguel Ángel Álvarez quedou na 32ª praza do Campionato Galego de 5K en categoría absoluta e 5º M40 cun tempo ao chegar a meta de 16:55. Mantivo un ritmo constante sen diferenzas significativas cos competidores máis próximos na meta.
Cristina Ferrándiz obtivo as medallas de ouro nos 100 e nos 200 metros lisos. No hectómetro obtivo unha marca de 12.89, o que supón un novo récord catalán F35, e nos 200 metros rexistrou unha marca de 27.24 co vento en contra de -1.1.
Podes consultar os resultados dos diferentes autonómicos nas seguintes ligazón:
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA COMBINADAS ABSOLUTO SUB23 E SUB18
Sorry, the comment form is closed at this time.