CAMPIOAS SUB20 E OITAVOS MASCULINOS

CAMPIOAS SUB20 E OITAVOS MASCULINOS

Campioas femininas e oitavo posto masculino no Campionato Galego de Clubs sub20. Ao día seguinte dos sub16 e ao mesmo tempo que os máster, tocoulle o turno á categoría previa aos sénior, tendo en conta a ausencia de campionatos de clubs sub23.

As rapazas quedaron primeiras con folgura logo de conseguir 144 puntos, obtendo as segundas clasificadas (Narón) 115.5. As ganadoras de proba foron María Estévez Vázquez do filial Ames nos 800 con 2:17.38, Leyla Villar nos 3.000 con 10:23.20, Manuela Blanco en pértega con 3.35 e o 4×400 con Noa ReyLeyla VillarSusana PadrónNaroa Pereira con 4:13.61.

En homes a oitava praza foi lograda con un punto e medio sobre o Millaraio e a quinte punto dos sétimos Narón. A única vitória individual foi a de Nicolás Collazo do filial Ames nos 5.000 marcha con 22:30.47.

Na clasificación conxunta obtivemos a terceira posición con 267 puntos, entremedias dos 279.5 da Gimnástica de Pontevedra e os 253.5 do Narón. Destacar que fomos con diferencia o mellor club da provincia.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 20

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.