BLANCA PEREIRA CAMPIOA DE ESPAÑA SUB23

Fantástica actuación do Sanysec – Ourense Atletismo no Campionato de España Sub20 celebrado en Cáceres. Seis atletas do club participaron no Campionato de España, obtendo en total catro postos de finalistas e a medalla de ouro a cargo de Blanca Pereira Rubín.

Blanca venceu con 60.99, sacándolle máis de tres metros e medio á segunda clasificada, Ángeles Jiménez, do UCAM Murcia (57.28). Realizou un lanzamento nulo e cinco válidos, dos cales catro valían para ser campioa de España.

Manuela Blanco foise de Cáceres coa medalla de chocolate. Coas tres primeiras atletas superando o 3.90, Manuela tivo que arriscar despois do seu nulo e ir aos 4 metros con dous intentos. Non puido ser, e rematou o campionato coa marca de 3.80.

Daniela Rubio ocupou a quinta posición no salto de altura ao superar o 1.69 nun concurso totalmente limpo. Tamén obtivo praza de finalista no triplo salto, ao rematar na sétima posición cun mellor salto de 12.02.

Daniel Villanueva foi oitavo no lanzamento de martelo con 52.96. O seu concurso foi de menos á máis, realizando o primeiro lanzamento nulo, o segundo de 51.06, terceiro de 52.19 e cuarto de 52.96. O quinto intento foi nulo, polo que quedou sen opcións de quedar entre os seis primeiros e realizar o sexto e último lanzamento.

Leyla Villar correu a súa semifinal dos 1.500 en 4:54.09. No cómputo total das atletas foi a 31ª, sendo a undécima da súa serie. Elisa Cerezo nos 3.000 obstáculos foi 14ª con 11:27.83.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España sub-23

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.