01 Jun O GALEGO SUB16 CONTINÚA CUNHA MEDALLA MÁIS
O anómalo Campionato Xunta de Galicia Sub16 disputado en dous días separados por mor das circunstancias meteorolóxicas deixou medallas en ambas xornadas. Se o día 23 conseguimos catro medallas, desta logramos unha prata gracias a Ángel Araújo, segundo en altura con 1.72 metros.
Destacar tamén as actuacións de Mauro Gómez, quen obtivo a medalla de chocolate coa súa cuarta praza no martelo de 4kg tras lanzar 28.79 metros, a quinta posición de Lucía Quintas nos 100 metros valos con 16.08 segundos, a sexta posición se Sara Vázquez en lonxitude con 4.93 metros, ou o tamén sexto posto de Naomy Jiménez nos 600 metros cun tempo de 1:48.89. Tamén participou o relevo 4×100 feminino con Lucía Quintas, Xiana Ortega, Leire Díaz e Naia Bermejo, rematando en quinta posición con 53.75 segundos.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Sorry, the comment form is closed at this time.