
24 Jun SETE MEDALLAS NO GALEGO SUB23
O Campionato Galego sub23 celebrado en Lugo deixou sete medallas para o Ourense Atletismo. Cinco foron os medallistas do noso club:
- Iago Saco bronce nos 200 metros con 22.58 e nos 400 lisos con 50.16
- Hugo Fernández ouro en martelo con 49.13
- África Gómez ouro nos 100 lisos con 12.54 e nos 200 con 25.43
- Blanca Pereira ouro no martelo con 59.10
- Alba Arranz bronce en martelo con 41.27
As medallas concentráronse nos lanzamentos e na velocidade, con marcas destacables que deixan boas sensacións cara o vindeiro Campionato Galego Absoluto de Pista ao Aire Libre.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.