FORTE PRESENZA DO OURENSE ATLETISMO NA SELECCIÓN GALEGA SUB18

FORTE PRESENZA DO OURENSE ATLETISMO NA SELECCIÓN GALEGA SUB18

Seis atletas do noso club representaron a Galicia no Campionato de España de Federacións Sub18. O conxunto galego rematou en cuarta posición con 244 puntos, a cinco e medio da terceira praza.

Nos concursos, venceron Iria Solera no salto de altura cunha marca de 1.69 e Hugo Casañas en lanzamento de disco con 64.18, establecendo un novo récord do campionato; Aitana Capeáns no peso foi terceira con 14.86 e Antía Calvo foi a decimoterceira en lonxitude con 5.01

Nas probas sobre o anel, Arancha Vázquez fixo a primeira posta do 4×100 mixto, no que quedaron en sexta posición con 45.23, e correu os 100 lisos sendo decimoterceira con 12.88, o mesmo tempo que o undécimo e duocécimo posto; Irma Veiguela foi decimoquinta nos 400 valos con 1:12.19.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España Federaciones Autonómicas Sub-18

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.