
14 Abr SEXTA POSICIÓN NO GALEGO MÁSTER
O Ourense Atletismo rematou na sexta posición na Copa Galega de Clubs Máster celebrada en Vigo.
En medio do fantástico ambiente que adoita acompañar os campionatos de veteráns, os nosos atletas completaron todas as probas do encontro. Entre os tres primeiros (contando coa compensación por idade) quedaron:
– Antonio Touza 3º nos 800 con 2:14.05
– Sergio Herrería 3º no triplo con 11.42
– Saturnino González 1º en obstáculos con 7:29.68 (distancia de 2.000 metros)
– Julio Fernández 2º en disco con 19.24 (1 kg)
Destacar ademáis o récord galego en lanzamento de peso (3 kg) M80 conseguido por Julio Fernández cos seus 8.33 metros.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.