SEIS MEDALLAS NOS AUTONÓMICOS ESCOLARES

SEIS MEDALLAS NOS AUTONÓMICOS ESCOLARES

Seis medallas foron o total conseguido polo Ourense Atletismo nos campionatos autonómicos en idade escolar (sub10, sub12 e sub14). Foron repartidas polas diferentes categorías, nas que en verdade o aspecto competitivo queda nun segundo plano. A participación foi moi ampla, sendo as actuacións máis destacadas as seguintes:

– Na categoría sub10 Maeloc Barreiro gañou os 50 lisos con 7.78 e a lonxitude con 3.57. Alejandro Cid foi bronce nos 1.000 metros con 3:44.07.

– En sub12 Marta Domínguez foi bronce na altura grazas a pasar o 1.19 á segunda tentativa. Foi seguida de Olivia Currás na cuarta posición con 1.15.

– No campionato sub14, onde o ambiente comeza a ser máis competitivo, Aroi Fernández foi segundo nos 1.000 metros con 3:07.66. Os dous ouros viñeron na pértega: Marco Pereira venceu con 2.30 e Paula Carrión con 3.01, mellorando a marca coa que se clasificou para o Campionato de España que se celebrará a próxima fin de semana en Ourense.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

CTO. XUNTA GALICIA SUB12-SUB10 PISTA CUBERTA

XII CTO. XUNTA GALICIA SUB14 PISTA CUBERTA

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.