
10 Mar CAMPIONATOS DE ESPAÑA CUNHA MEDALLA
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB20 SHORT TRACK
O sábado 8 competiron as nosas tres atletas participantes no Campionato de España Sub20 de Short Track que se disputou no sábado e domingo desa fin de semana.
A xornada para o Ourense Atletismo comezou coa boa actuación de Laura Freire na súa eliminatoria dos 60 lisos, onde cos seus 7.90 segundos, marca lixeiramente superior á súa mellor marca persoal, rematou sexta na súa serie, sen opcións de pasar a semifinais. Primeira participación da atleta nun campionato de España, da que se vai cun bo sabor de boca.
Na pértega, Manuela Blanco obtivo a medalla de chocolate despois de arriscar nunha final moi reñida. Despois de superar á primeria o 3.71 e saltar o 3.76, fixo un intento nulo en 3.81. Ao estar nesa altura totalmente metida na loita polas medallas, optou por facer os dous seguintes saltos en 3.86, derrubando tamén o listón. Tivo que conformarse coa cuarta posición con 3.71 nun campionato que se venceu con 3.86.
Xa pola noite tocoulle o turno a Leyla Villar. Non foi o día da nosa atleta, quen non acabou de ter boas sensacións e a media carreira quedou descolgada do grupo. Estoicamente aguantou ao seu ritmo ata que por diante comezaron a facer os ataques e puido intentar recoller á xente que se ía rezagando. Finalmente rematou en novena posición da súa final B con 10:28.94 e decimoterceira xuntando ambas finais.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA
O 9 de marzo celebrouse o Campionato de España de marcha en ruta na vila de Marín. Alí participou Icía Ares na carreira dos 10 km. Logrou a medalla de bronce na categoría sub18 e na carreira conxunta coas sub20 foi a décima clasificada, sendo Icía a mellorclasificada dunha selección galega que rematou sexta.
CAMPIONATO DE ESPAÑA 10K RUTA
Ana Isabel Soutullo competiu como filial para o Club Atletismo Sada no Campionato de España 10K en ruta en categoría máster. Coa súa 22ª posición na carreira F45 e un tempo de 41:43 logrou o subcampionato por clubs.
Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:
Campeonato de España Sub-20 Short Track
Campeonato de España de Marcha en Ruta
Sorry, the comment form is closed at this time.