HUGO CASAÑAS RÉCORD DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS

HUGO CASAÑAS RÉCORD DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS

Hugo Casañas e Yiset Magali lograron dous ouros no Campionato de España de Lanzamentos longos de inverno.

Hugo Casañas realizou ademáis o récord do campionato no lanzamento de disco sub18 cun mellor lanzamento de 64.51, sacando case dez metros aos 55.45 do segundo clasificado.

Hugo Novoa foi finalista na mesma proba ao levar o artefacto ata os 43.76, facendo a súa marca persoal.

Mario Casal no lanzamento de martelo sub16 fixo unha marca de 35.56, o que lle valeu para conseguir a 12ª praza.

No martelo sub18, Javier Cid lanzou o artefacto ao 49.52, quedando en novena posición, moi preto do pase á mellora, que se logrou con 50.78.

Hugo Fernández no lanzamento de martelo sub23 qeudou tamén en novena posición despois de facer un só intento válido de 43.34. Faltáronlle 20 centímetros para poder pasar á mellora.

Aitana Capeáns non tivo o seu día e realizou tres intentos nulos no lanzamento de disco sub18.

Na xavelina absoluta, Yiset Magali venceu cun mellor lanzamento de 58.71. Ao non ter todavía a nacionalidade non tiña opción de participar na mellora nin obter medalla.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Lanzamientos Largos de Invierno

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.