CATRO MEDALLAS NO NACIONAL SUB18 ST

CATRO MEDALLAS NO NACIONAL SUB18 ST

Catro medallas no campionato nacional sub18 ST (ou pista curta) é o importante botín do Club Ourense Atletismo que consegue traer da cidade de Valencia. Un resultado que o colocou na quinta posición na clasificación por clubs puntuando as posicións de finalista.

Mario Lorenzo foi o 21º na clasificación total ao rematar na 9ª posición na súa serie don 1.500 metros con 4:16.78.

Hugo Casañas foi o vencedor do lanzamento de peso con mellor lanzamento de 18.89, nun concurso cun só nulo e onde despois do primeiro lanzamento xa se colocou o primeiro para non abandonar dito posto.

Arancha Vázquez rematou na 17ª posición dos 60 metros cunha marca de 7.91 lograda na semifinal, onde quedou quinta. Na ronda clasificatoria marcou un tempo de 7.87, pasando co seu terceiro posto á semifinal antes citada.

Irma Veiguela foi sétima na final dos 800 metros con 2:19.62, despois de pasar por temos na súa semifinal con 2:17.77.

Nos 1.500 femininos participaron Naroa Pereira, quen foi 19ª con 5:03.04 na súa semifinal en que quedou novena, e Susana Padrón, 33ªda conxunta despois de ser décima na súa semifinal con 5:10.72.

Sabela Castelo foi a vencedora nos 3.000 metros con 10:12.99. Venceu con superioridade a Amanda Román, do Valencia Club de Atletismo, a quen lle sacou máis de dous segundos.

Iria Solera foi segunda no salto de altura, cunha marca de 1.73. Tivo un concurso limpo ata o 1.69, altura na que xa se estaba disputando o ouro coa gañadora Aitana Alonso, tamén do Valencia Club de Atletismo.

Aitana Capeáns logrou a medalla de bronce no lanzamento de peso con só dous lanzamentos válidos: o primeiro de 14.33 e o segundo de 14.55.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España Sub-18 Short Track

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.