
24 Feb PAULA OURO E USÚE BRONCE NO GALEGO SUB16
Dous podios para o Ourense Atletismo no Campionato Galego sub16 de pista curta. Paula Carrión venceu na proba de salto con pértega e Usúe Bernárdez terceira nos 1.000 metros. Con cerca de sesenta participacións do noso club, a nosa canteira mostrou un futuro prometedor.
Paula Carrión Álvarez venceu na pértega ao facer un concurso limpo dende o 2.61 ata o 2.91, establecendo unha nova marca persoal. Na mesma proba, Naia Bermejo foi cuarta con 2.24.
Usúe Bernárdez Jares obtivo o bronce na disciplina dos 1.000 metros ao rematar con 3:13.59. A medalla conseguiuna despois de superar nun final axusstado á atleta da Ximnástica Candela Lago.
Houbo outras actuacións destacadas coma o cuarto posto de Claudia Pérez nos 3.000 con 11:02.32 ou o quinto posto de Marcos Abeso con 40.94 na final dos 300 metros.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.