
23 Feb LEYLA E MANUELA FANTÁSTICAS EN MADRID
Leyla e Manuela fixeron unha fantástica actuación no Campionato de España absoluto de pista curta. As atletas ourensás, ambas de 18 anos, mostraron a súa competitividade na elite do atletismo español.
Leyla participaba por primeira vez no Campionato de España en categoría absoluta. Nunha carreira moi rápida, co paso do primeiro 400 a 1:12.74 e do segundo a 2:25.82, aguantou no grupo principal ata case os últimos 500 metros. Rematou con 4:45.90 no 12º posto da súa serie e 33ª da clasificación xeral.
Manuela facía a súa segunda aparición nun absoluto, rematando en 10ª posición, co que mellorou a 13ª posición lograda o ano pasado. Manuela bateu a súa marca persoal e estableceu un novo récord galego sub20 con 3.95. O seu concurso non estivo exento de complicacións, arrastrando unha serie de nulos que lle lastraron na clasificación, xa que saltou a mesma altura que as sétimas clasificadas.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Campeonato España Absoluto Short Track
E ver o campionato de novo en:
Sorry, the comment form is closed at this time.