ÁFRICA GÓMEZ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

África Gómez participou en Sabadell no Campionato de España sub23 de pista curta. A atleta competiu na eliminatoria 5 dos 200 lisos e realizou unha marca de 25.94. A marca quedou un pouco lonxe dos 25.66 rexistrados este ano en pista curta, pero tendo en conta a caída sufrida a semana pasada no Campionato galego absoluto de pista curta, pódese considerar unha boa actuación.

África rematou na 20ª posición no conxunto das corredoras.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España Sub-23 Short Track

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.