CINCO MEDALLAS NO GALEGO ABSOLUTO

CINCO MEDALLAS NO GALEGO ABSOLUTO

Fantástico botín do Ourene Atletismo ao conseguir cinco medallas no Campionato Galego Absoluto celebrado en Expourense. Un total de dous ouros, unha prata e un bronce, todas elas na categoría feminina, foron os conseguidos polas atletas do club.

As medallas de ouro chegaron nos saltos verticais. Iria Solera venceu no salto de altura con 1.68 e Manuela Blanco en salto con pértega cunha marca de 3.76.

Tamén en salto, pero esta vez horizontal, obtivemos unha medalla. Alba Martínez no triplo quedou en segunda posición con 12.07, nun disputado encontro no que mantivo a primeira praza ata o penúltimo intento.

Begoña Domínguez conseguiu a terceira praza nos 3.000 metros con 10:18.59. Begoña chegou en cuarta posición, pero ao ser a segunda clasificada a asturiana Irene Rivero, competidora fóra de concurso, a terceira praza do campionato galego foi para ela. Moi preto quedou a tamén ourensanista Itzíar Manso en cuarta posición con 10:19.14.

Tamén foi de bronce a medalla de Aitana Capeáns gañada no lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 12.15. A atleta tivo un concurso un tanto irregular, pero con tres dos seis lanzamentos por riba dos doce metros,o que lle permitiu subir ao podio.

A mellor posición dos nosos homes foi a de Samuel Banga, quen logrou praza de finalista ao rematar o triplo salto en sétima posición con 12.48.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XL CTO. XUNTA GALICIA ABSOLUTO PISTA CURTA

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.