
02 Feb DÍA DE MEDALLAS PARA OS MÁSTER
O primeiro día de febreiro foi o Campionato Galego Máster de Pista Curta, onde os atletas do Club Ourense Atletismo fixéronse notar cun elevado número de medallas.
No que se refire aos homes, Sergio Herrería logrou a medalla de bronce nos 60 metros M45 tras parar o crono en 8.49 s. e a prata en triplo con 11.45 m. Tamén lograría a prata en lonxitude cun mellor salto de 4.99 m. Nesa mesma proba, Antonio Touza conseguiu o bronce cun mellor intento de 4.48 m. Saturnino Gonzalez venceu nos 3.000 metros M60 con 10:08.71. A mala sorte caeulle a Ezequiel Ucha, quen remataría cuarto nas súas dúas participacións en 200 (28.74) e 60 (8.74) M35.
No respectivo ás mulleres, Soledad Pousa foi bronce nos 800 F50 cun rexistro de 3:17.39. Nos 3.000 F45 Ana Isabel Soutullo venceu con 11:35.83. María Grande conseguiu o ouro en 3.000 marcha F50 parando o crono en 17:55.68 e, sen saír da marcha, Dolores Delgado foi prata nos 3.000 F45 con 19:29.82.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.