TRES CAMPIONATOS AUTONÓMICOS E DOUS DE ESPAÑA

TRES CAMPIONATOS AUTONÓMICOS E DOUS DE ESPAÑA

Intensa fin de semana con tres campionatos autonómicos e dous de España nos que houbo representación do Ourense Atletismo.

O sábado 25 celebrouse en Ordes o IX Campionato de Galicia de lanzamentos longos master, onde Ana Revuelta gañou o ouro en lanzamento de disco F35 cun mellor lanzamento de 29.22 metros. En Getafe disputouse o Campionato de España de FFAA Sub-16 Sub-18 e inclusivo, coa participación de Mario Lorenzo co equipo sub18. Mario rematou na 29ª posición, sendo o terceiro da selección, a cal obtería a quinta praza.

Ocupando o sábado e o domingo disputouse o Campionato Galego de probas combinadas sub16 e sub18, coa participación de Mauro Gómez, quen realizou un campionato equilibrado e rematou na sétima posición con 2953 puntos.

O domingo 26 foi o turno para o Campionato galego sub23 de pista curta, con varios participantes do noso club. Destacar o dobrete de África Gómez coas vitórias nos 60 metros (8.03 segundos) e nos 200 (25.83 segundos). Iago Saco foi terceiro nos 400 metros con 50.89segundos, seguido de Bran Núñez con 50.98. Isabel Rodríguez foi segunda nos 800 metros con 2:34.25.

Tamén o domingo celebrouse en Getafe o Campionato de España de campo a través individual e de federacións autonómicas. Participaron nel Leyla Villar co equipo sub20 e Begoña Gómez e Itziar Manso na carreira absoluta. Leyla rematou na 14ª posición no circuíto de 5.916 m., sendo a terceira da selección, que rematou da cuarta praza. Itziar na carreira de 9.860 m rematou na 52ª posición, sendo Begoña 64ª. Itziar foi a cuarta da selección mentres que Begoña sexta. O combinado galego rematou na oitava posición nesta carreira.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

IX CAMPIONATO XUNTA GALICIA MASTER LANZAMENTOS LONGOS

Cto. de España de FFAA Sub-16 Sub-18 e inclusivo

CTO. XUNTA GALICIA COMBINADAS SUB18-SUB16 PC

XXIX CTO. XUNTA GALICIA SUB23 PISTA CURTA

Campeonato de España Campo a Través Individual y Federaciones

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.