
21 Ene ANA ISABEL SOUTULLO CAMPIOA GALEGA DE CROS MÁSTER
Ana Isabel Soutullo Paradela proclamouse campioa galega no XXXVIII Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Máster.
A nosa atleta venceu na categoría F45 cun tempo de 22:21. O circuito localizado na Pobra do Caramiñal contaba con aproximadamente 5.300 metros. No conxunto da carreira feminina rematou na segunda posición, por detrás da atleta F40 Sofía Freaza.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Cto. Xunta de Galicia Campo Través Máster e Sub10/12/14 – 28º Memorial Alejandro
Sorry, the comment form is closed at this time.