
12 Ene CAMPIOAS DE GALICIA POR SEGUNDA VEZ
O Ourense Atletismo logrou o campionato de Galicia de pista cuberta por segunda vez consecutiva en categoría feminina. Os homes remataron na oitava posición. Na clasificación conxunta obtivemos a segunda praza.
Só o Celta Atletismo e a Gimánstica de Pontevedra lograran antes revalidar o título de campioas de Galicia. Sen ningunha atleta que baixase da quinta praza, o noso equipo situouse na primeira posición tras finalizar a primeira proba e non baixaría de ahí. Iria Solera foi a artífice deste bo comezo, gañando a altura cun mellor salto de 1.61. As outras vitorias foron para Manuela Blanco en pértega con 3.60 e África Gómez nos 200 con 25.66. O equipo rematou o campionato con 82 puntos, por riba dos 75.5 da S.G. Pontevedra e dos 67 do Atletismo Feminino Celta.
En rapaces o resultado foi algo peor do esperado malia facer unha boa actuación. Con únicamente dous últimos postos e sendo a máis repetida a sexta posición, a ausencia de postos altos deixou un resultado pouco vistoso, pechando a táboa con 34 puntos, lonxe dos 47 do Lucus que foi sétimo. O mellor posto foi a cuarta posición do relevo 4×400 conformado por Bran Núñez, Javier Trillo, Martín Míguez e Iago Saco.
Na clasificación conxunta tivemos un excelente segundo posto con 116 puntos. A primeira posición foi ocupada pola S.G. Pontevedra con 159.5 e a terceira polo Sada con 114.5.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.