05 Ene CUARTA POSICIÓN NO GALEGO MASTER DE CLUBS
O Ourense Atletismo rematou na cuarta posición no Campionato Galego Master de Clubs de pista cuberta celebrado en Expourense.
A posición foi estable ao longo da xornada e rematou con 50.5 puntos, a 7 do terceiro lugar que ocupou o Marineda e sacándolle once ao Narón, que rematou quinto.
A regularidade foi chave para esta quinta posición, con moitas cuartas e quintas posicións individuais (contando coa compensación por idade). O único atleta que logrou os sete puntos foi Saturnino González nos 3.000 metros cunha marca de 10:09.69.
Boa actuación dun club xa consolidado neste campionato, ao repetir o posto do ano pasado. O equipo disputou con entrega nun fermoso campionato master que abre o apetito ao galego absoluto de clubs do día 11.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.