01 Ene ALEJANDRO E ITZIAR GAÑAN A SAN SILVESTRE
A San Silvestre Ourensá volveu gozar dunha fantástica organización e récord de participantes. Alejandro Fernández e Itzíar Manso gañaron a carreira absoluta, nuns podios copados polo Ourense Atletismo. En categoría masculina seguiron ao primeiro calsificado Martín Míguez coa segunda posición e Santiago Cacharro en terceira. En mulleres, tras o primeiro posto de Itziar situáronse Leyla Villar na segunda praza e Susana Padrón na terceira.
Os seis integrantes deses podios venceron nas súas respectivas categorías, ao igual que Ana Isabel Soutullo e Claudia Pérez.
No circuíto dos sub10, sub12 e sub14 gañou Nicolás González na categoría sub14, gañando a tamén a clasificación conxunta, e Isabel Carrión foi terceira tanto na conxunta coma en sub14. Ada Outeiriño foi a segunda sub10 feminina e en sub10 masculino venceu Rodrigo Cordero con Alejandro Cid en segunda posición.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.