OURENSE ATLETISMO SEXTO NAS COMBINADAS

OURENSE ATLETISMO SEXTO NAS COMBINADAS

O Ourense Atletismo logrou a sexta praza no Campionato Galego de Clubs de Probas Combinadas na categoría feminina. O equipo formado por Ana Nóvoa, Lara Vázquez e Nayeli Iglesias logrou un meritorio sexto posto a pesar do abandono de Ana na última proba do pentathlon polas molestias que estaba sufrindo no 800 metros.

O equipo obtivo unha puntuación final de 6821 puntos, non moi lonxe da quinta posición do Rías Baixas (6996) e superando por pouco ao Xuncas Diversia que rematou na sétima posición (6795).

As tres atletas conseguiron a maior cantidade de puntos nos 60 valos, con marcas de 10.49 para Ana (623 puntos), 10.35 para Lara (648 puntos) e 10.46 para Nayeli (629 puntos).

A nivel individual, ao ser celebrado conxuntamente como Criterium, Lara obtivo a terceira praza no péntatlon sub18, con Ana sendo novena. Nayeli no péntatlon senior foi cuarta.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Resultados individuais

Resultados por equipos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.