22 Dic DOUS PODIOS NO TROFEO ABANCA
Dous podios no Trofeo Abanca para o Ourense Atletismo. O club destacou no campionato galego de clubs en pista cuberta en idade escolar, especialmente na categoría sub14, onde conseguiu ambos trofeos.
Na categoría sub10 participou co equipo feminino, rematando no oitavo posto. Destacar a Ada Outeiriño co seu salto de 3.58 en lonxitude, que lle valeu para ser segunda.
En categoría sub12 acudimos co equipo masculino, rematando na sexta posición. Ocuparon individualmente praza de podio Erik González en 60 con 9.12 en Naím Grandío en peso de 2kg. con 8.34, ambos sendo terceiros nas súas probas.
Finalmente en categoría sub14 logrouse a segunda posición en mulleres e a terceira en homes. As mulleres viviron unha emocionante final na que remataron con 58 puntos, a un e medio da primeira posición e sacándolles un punto ás terceiras e ás cuartas. Pola contra, os homes viviron un campionato máis tranquilo: asentados na terceira posición durante o campionato, quedaron con 45 puntos a trece da segunda praza e a dez da cuarta.
A nivel individual, destacar as actuacións en mulleres de Ana Sierra nos 6om. (2ª con 8.37), Leire Díaz en 500 (3ª con 1:28.72), Lucía Quintas en altura (2ª con 1.44), Xiana Ortega en lonxitude (2ª con 4.34), Naia Bermejo en trliplo (1ª con 9.94) e o relevo 4×200 (2º con 1:56.29). En homes, destacar a Antón Rodríguez nos 500 (2º con 1:21.24), Ángel Araújo en altura (1º con 1.53), Marco Pereira en pértega (2º con 2.10) e o relevo 4×200 (3º con 1:49.63).
Podes consultar os resultados en directo nas seguintes ligazóns:
TROFEO ABANCA 2024 PISTA CURTA SUB10
TROFEO ABANCA 2024 PISTA CURTA SUB12
Sorry, the comment form is closed at this time.