08 Dic ICÍA ARES CUARTA DE ESPAÑA
Icía Ares foi cuarta no Campionato de España de marcha de inverno de promoción. A atleta logrou ese fantástico resultado facendo a súa mellor marca persoal, con 25:07 nos 5km. Estivo na pelexa pola medalla, posto que a terceira praza quedou a tan só seis segundos, mesma distancia que a que lle sacou Icía á súa inmediata perseguidora.
Destacar tamén o bronce e récord galego sub18 de Nico Collazo, atleta do noso club asociado Ames, con 21:19.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Campeonato de España de Marcha de Invierno Master y Promoción
Sorry, the comment form is closed at this time.