19 Nov CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CROSS POR CLUBS
Celebrouse o 16 e 17 de novembro en Santiponce, Sevilla, o Campionato de España de cross por clubs – Cross internacional de Itálica.
O Club Ourense Atletismo participou co equipo sub18 feminino e no relevo mixto, ademáis da participación individual de Leyla Villar na categoría sub20 quen terminaría na 20ª posición.
O equipo feminino sub18 terminou en 21ª posición dos 47 participantes, grazas ao 15º posto de Naroa Pereira, ao 47º de Susana Padrón, o 116º de Mariela Quijano (do filial Ames) e ao 194º posto de Emma Cabanas.
O relevo mixto rematou en 18ª posición de 41 equipos participantes, sendo os integrantes Alejandro Cadaya, Uxía Rodríguez, Matías Regueiro e Begoña Domínguez.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.