20 Oct AS SUB16 QUINTAS NA FINAL B1
As rapazas sub16 do Club Ourense Atletismo remataron en quinta praza no Campionato de España de Clubs Sub16 final B1. Nun encontro con oito equipos participantes e cunha mellora de máis de 1100 puntos respecto ao estadillo co que nos clasificamos, a actuación só se pode calificar como moi boa. O vencedor do encontro foi o Puentecillas Palencia, seguido de Sada, Oviedo, Narón e o Ourense.
Entre as tres primeiras nas súas disciplinas quedaron Paula Carrión en pértega (2ª con 2.25), Carla Pintor nos 300 (do Atletismo A Estrada, terceira con 45.27), Noa Barros no 600 (tamén do A Estrada, 3ª con 1:46.93), Usúe Bernández nos 1000 (2ª con 3:21.44), Carla Allegue nos 100 valos (do filial Xuncas, 1ª con 16.22), Aloia Sabucedo nos 1.500 obstáculos (3ª con 5:46.74) e Adriana Ferreiro na xavelina (do Atlético A Silva, 3ª con 28.57).
Á espera todavía da clasificación conxunta co resto de grupos que disputaron o campionato, a progresión que segue mostrando o club segue a ser positiva.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.