
12 Oct O OURENSE ATLETISMO É SEGUNDO NAS REMUDAS MIXTAS
O Ourense Atletismo finaliza segundo nas remudas mixtas no Campionato Galego de campo a través por remudas mixtas. Dito campionato celebrouse conxuntamente co I Cros de Ames.
O equipo estivo conformado por Begoña Domínguez, Leyla Villar, Matías Regueiro e Alejandro Cadaya. Nunha boa actuación do conxunto de atletas, o equipo finalizou en segunda posición cun tempo total de 18:21 nos 6000 metros da carreira. O resultado estivo axustado nas prazas de podio, xa que a Gimástica de Pontevedra, gañadora, rematou en 18:10 e o CA Santiago, terceira, finalizou cun tempo de 18:28.
No que se corresponde co Cros de Ames, contamos coa participación de Icía Ares, quen rematou en quinta posición na carreira das sub18 cun tempo de 12:57 nun circuíto de 3000 metros.
Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:
Sorry, the comment form is closed at this time.