
07 Oct JAVIER CID E MANUEL EIRÍN DEFENDEN A GALICIA
Os atletas do Ourense Atletismo Javier Cid e Manuel Eirín defenderon a Galicia no Campionato de España por seleccións sub16.
Javier quedou en terceira posición no lanzamento de martelo despois dun concurso moi regular, cun mellor lanzamento de 54.95. Tras un primeiro lanzamento nulo, enviou o artefacto aos 53.74 no segundo lanzamento e ata os 54.79 no terceiro, para facer o mellor no cuarto e último.
Manuel rematou en quinta posición na xavelina cun mellor lanzamento de 47.50. Manuel foi de menos a máis, lanzando 43.69 metros no primeiro intento, 47.27 no segundo, 46.04 no terceiro e 47.50 no cuarto e derradeiro intento.
A clasificación de Galicia foi quinta en homes, a nove puntos e medio da tarceira posición, que ocupou Andalucía. A Federación galega clasificou de bo o papel tanto da selección masculina como o da feminina, que rematou na sexta posición.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.