BOLSAS DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2024

BOLSAS DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2024

O venres dia 20 de setembro saiu publicado no BOP nº 183 a convocatoria para as bolsas de deportistas individuais 2024. O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto dende o 21 de setembro ao 21 de outubro de 2024.

Poderán consultar as bases e descargar os anexos para a solicitude e declaración responsable a través da sede electrónica https://deportesourense.sedelectronica.gal/info.0 (en enlaces de interés «subvencións»).

Requisitos:

Poderán beneficiarse das bolsas previstas nestas bases reguladoras os deportistas que reúnan os seguintes requisitos na data de publicación do extracto de convocatoria no BOP:
1. Estar rexistrado no padrón municipal de habitantes do Concello de Ourense.
2. Dispoñer de licenza en vigor pola Federación Deportiva Galega da modalidade deportiva na que se solicita a axuda. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións deportivas galegas, será considerada a licenza estatal.
3. Non estar a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
4. Non estar incurso en causa de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño , de subvencións de Galicia.
5. Manter os anteriores requirimentos cando menos ata a data da xustificación da bolsa.
6. Certificado do mellor resultado emitido pola secretaría xeral da Federación en cuestión, xunto coa Acta da competición obxecto de valoración, segundo os criterios de valoración
reflectidos no Anexo I, referido sempre ao período subvencionable.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.