DIEGO E CRISTINA NO MUNDIAL MASTER

DIEGO E CRISTINA NO MUNDIAL MASTER

Entre o 13 e o 25 de agosto dispútase na cidade sueca de Gotemburgo o Campionato do Mundo de Atletismo de Veteráns ou WMAC coas súas siglas en inglés. Ata a cidade nórdica desprazáronse os atletas da categoría entre os 35 e 40 anos Diego Ares e Cristina Ferrándiz. Cristina logrou praza de finalista no 4×100, ademáis de quedar novena nos 100 e duocédima nos 200. Diego rematou na novena posición no salto de altura.

O día 15 competiu Diego Ares no salto de altura, quedando ás portas da praza de finalista. Tras unha tempada lastrada por problemas no xeonllo da perna de batida e téndose reincorporado aos adestramentos con pouco máis dun mes de antelación, logrou saltar o 1.75 nun concurso limpo, mellorando por un centímetro a marca da pista cuberta. O campionato estivo moi igualado nas posicións intermedias, posto que o ugandés Okot foi oitavo con 1.80 e da terceira á sétima posición saltaron todos os atletas 1.85 (marca de Diego do pasado ano), repartíndose os postos segundo os nulos realizados.

Máis prolongada no tempo foi a participación de Cristina Ferrándiz, posto que se extendeu do 14 ao 19. Comezaría nos 100 metros, correndo na serie catro e clasificándose por tempos con 12.91. Na semifinal fixo a marca da tempada con 12.84, pero foi a primeira atleta en quedar fóra da final, quedando polo tanto en novena posición.

No 4×100 o relevo español correu en 50.76, sendo cuartas na final A e oitavas na clasificación conxunta, conseguindo así o resultado de finalista mundial.

Xa nos días 18 e 19 participou nos 200 metros. Na serie catro foi terceira facendo mellor marca da tempada con 26.96, clasificándose por tempos. Nas semifinais foi a sexta da súa serie, facendo de novo marca da tempada con 26.68. A pesar de todo, non lle chegou para clasificarse para a final, sendo decimosegunda na clasificación total.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

World Masters Athletics Championships

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.