28 Jul TRES FINALISTAS E OURO DE BLANCA NO NACIONAL SUB20
O Campionato de España Sub20 deixou un gran resultado para o Ourense Atletismo posto que cos seus catro participantes logrou catro finalistas e o ouro de Blanca Pereira en Castellón.
Blanca logrou unha cómoda vitoria cun mellor lanzamento de 56.98, por riba da atleta do UCAM Cartagena Ángeles Jiménez que lanzou 52.84. Só o primeiro lanzamento de Blanca (51.46) e o último xa que foi nulo quedaron por debaixo dese mellor lanzamento de Ángeles.
O seguinte mellor resultado foi o de Manuela Blanco, quen rematou na quinta posición en pértega cunha marca de 3.80, a 5 cm da súa marca persoal. O concurso foi moi igualado, cos nulos determinando a maioría de posicións. As tres primeiras prazas obtivéronse co último salto válido en 3.90 e entre a cuarta e a sétima saltaron 3.80.
Un posto máis abaixo, na sexta posición, rematou Leyla Villar nos 1.500 metros. A atleta parou o crono en 4:37.48, dous segundos por riba da súa marca persoal, o que evidencia a boa actuación da atleta.
Os dous homes que participaron polo noso club fixérono no lanzamento de martelo. Hugo Fernández rematou na oitava posición cun mellor lanzamento de 52.34 no terceiro lanzamento, moi cerca da súa marca persoal (52.88). Daniel Villanueva non tivo o seu día máis afortunado e a necesidade de arriscar para pasar á mellora levouno a facer tres lanzamentos nulos.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.