22 Jul JAVIER CID OURO E MANUEL EIRÍN ROZA FINALISTA
Javier Cid gaña a medalla de ouro no Campionato de España sub16 co martelo de 4kg. e Manuel Eirín é decimosegundo en xavelina (600 gr.) e noveno en disco (1 kg.).
Javier levou o artefacto ata os 59.02 metros nunha axustada loita pola vitoria na que o segundo lanzador, o valencián Daniel González, quedou en 58.62. A terceira posición conseguiuna o salmantino Marco Arozamena con 57.28. Javier Cid estivo en terceira posición ao chegar ao quinto intento, posto que o seu segundo mellor lanzamento, o terceiro, foi de 55.78.
Manuel Eirín dobrou probas, competindo en xavelina o sábado e en disco o domingo. Na xavelina quedou en decimosegunda posición cun mellor lanzamento de 43.66, a algo máis de cinco metros da marca que lle daría o pase á mellora (48.72 do catalán Juc Jubany). Quedou un pouco lonxe dos 50.72 realizados este ano, pero se resarciu no disco cunha gran actuación. No lanzamento de disco mellorou a súa marca, pasándoa de 47.33 a 47.91. Este resultado valeulle para obter a novena praza, a pouco máis de metro e medio da mellora, posto que a oitava praza foi para o aragonés Rubén Cruz con 49.56.
Magnífico traballo do sector de lanzamentos do Club Ourense Atletismo, levado polos adestradores Javier Cid (pai do medallista) e Julio Fernández.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.