20 Jun SATURNINO GONZÁLEZ CAMPIÓN GALEGO DE TRAIL
Saturnino González proclamouse campión galego de trail na localidade de Esgos.
O atleta do Ourense Atletismo obtivo o vixésimo posto na clasificación absoluta e o ouro na M60 cun tempo de 01:18:55 nos 18 km.
As boas condicións climáticas favoreceron a actuación de todos os atletas na fermosa paraxe de Esgos. Saturnino deunos unha vez máis unha lección sobre cómo correr, desta volta nunha especialidade algo máis anómala coma é o trail.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
SUB 23, SÉNIOR E MÁSTER (18 KM) / XVI CTO XUNTA DE GALICIA TRAIL RUNNING
Sorry, the comment form is closed at this time.