BOA ACTUACIÓN NA LIGA A PESAR DAS BAIXAS

BOA ACTUACIÓN NA LIGA A PESAR DAS BAIXAS

Boa actuación do Club Ourense Atletismo na Liga de Clubs a pesar das baixas sufridas tanto en homes coma en mulleres. O compromiso que mostrou cada atleta do noso club foi insuperable, o que fixo que melloraramos os resultados do ano pasado tanto en homes coma en mulleres.

No que se refire ao encontro de Liga disputado polos homes, éste correspondeuse co grupo B1 da Segunda División. As baixas foron numerosas e importantes, con nomes coma Javier TrilloDiego AresRodrigo Díaz ou Mateo González. A pesar diso, o club rematou no sexto posto do encontro cun total de 11.023 puntos, o que mellora lixeiramente os 11018 do ano anterior. A falta da clasificación final xuntando todos os grupos, semella que obteremos un posto similar ao 30º do ano pasado. Destacar a vitoria de Santiago Cacharro nos 3.000 con 8:58.64 e o segundo posto de Fer Ventura Blanco en pértega con 3.31.

As mulleres competiron ao día seguinte na final A polo ascenso na cidade de Pamplona. As baixas máis destacadas foron as de Edymar BreaCarmen EscarizBlanca Pereira, quenes aspiraban a conseguir os oito puntos na súa proba. A pesar das dificultades, o equipo rematou na cuarta praza na Liga de 2024 con 82 puntos, mostrando unha notable melloría respecto ao sexto posto con 76.5 puntos do ano pasado. Destacar as vitorias de Manuela Blanco en pértega con 3.56, a de Alba Martínez en triplo con 12.27 e a de Yiset Magali Jiménez en xavelina con 54.91, así coma os terceiros postos de María Estévez nos 800 (atleta do noso filial Ames) con 2:18.72 e Andrea Reija nos 100 valos con 14.73 (do filial Xuncas Diversia).

Puxéronsenos as cousas difíciles pero soubemos mellorar os resultados, o que nos anima a seguir dándoo todo para a tempada que vén ofrecer máis e mellor.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campeonato de España Clubes 2ª División Hombres – Final B1

Campeonato de España Clubes 2ª División Mujeres – Final A

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.