11 Mar TRES CAMPIONATOS GALEGOS NA FIN DE SEMANA
Ademáis da participación no Campionato de España sub20, tivemos unha ampla presenza nos tres campionatos galegos celebrados na fin de semana do 9 e 10 de marzo.
O sábado disputouse en Expourense o Campionato Galego sub14 de pista curta, onde obtiveron postos de medallistas Marcos Abeso, segundo nos 60m. con 8.60; Ana Sierra, terceira nos 60m. con 8.43; e Aroi Fernández, terceiro nos 500m. con 1:28.20.
Xa o domingo na pista de Riazor celebráronse os Campionatos Galegos sub10 e sub12 de pista curta. As medallas viñeron por parte de Álex Cid, bronce nos 500 sub10 con 1:41.32; Rodrigo Cordero, bronce tamén en lonxitude sub10 con 3.49; e Ada Cecilia Outeiriño quen fixo dobrete ao ser terceira nos 50m. sub10 con 8.39 e repetiu o terceiro posto na lonxitude con 3.17. Catro terceiros postos en total por parte de tres atletas diferentes.
Tamén o domingo en Xinzo celebrouse o Campionato Galego de 10K xunto cun 5K popular. No campionato galego, Alejandro Fernández foi o subcampión cun tempo de 31:55 (gañando en categoría M35) e Begoña Domínguez foi a subcampioa tanto do campionato cunha marca de 37:36, gañando tamén na categoría M35. En M40 Javier Paredes venceu cun rexistro de 32:39, Ana Isabel Soutullo foi a subcampioa de M45 con 41:47 e Saturnino González subcampión M60 con 36:41. Nas categorías por debaixo da sénior (sub20 e sub23), Matías Regueiro fio terceiro con 35:45.
Podes consultar os resutados ao completo na seguinte ligazón:
XVII Campionato Xunta de Galicia Sub-14
XVII Campionato Xunta de Galicia Sub-10 & Sub-12
Sorry, the comment form is closed at this time.