
26 Feb FIN DE SEMANA DE CAMPIONATOS DE ESPAÑA
Tres foron os campionatos de España desputados na última fin de semana de febreiro: o Campionato de España Sub18 de pista curta, o Campionato de España de lanzamentos longos de inverno e o Campionato de España sub20 e sub16 de federacións autonómicas.
Naroa Pereira disputou en Sabadell o Campionato de España Sub18 de pista curta. Participou na proba dos 800 metros. Pelexou e loitou na súa semifinal por un posto para entrar na final, sendo moi valente. Ao final conseguiu o 8° posto na semifinal do seu segundo campionato de España, sumando unha nova experiencia que a bo seguro valdralle de motivación para o aire libre.
En Zaragoza, Sheila Varela e Icía Ares representaron á selección galega no Campionato de España sub16 e sub20 de federacións autonómicas.
Icia Ares participou nos 10km de SUB-20 sendo SUB-18 de primeiro ano, logrando a 27ª posición cun rexistro de 55:28. Logrou a quinta posición por seleccións.
Sheila Varela debutou nun campionato de España por federacións sendo sub16 de primeiro ano, con moi boas sensacións, logrando o posto 44° con 28:34.
No Campionato de España de lanzamentos longos de inverno desputado en Jaén, Yiset Magali realizou a mellor marca da tempada cun mellor lanzamento de 52.84 nun dos tres lanzamentos que puido realizar. Non puido pasar á mellora por ser atleta estranxeira. De figurar como españolas tanto ela como Yulenmis Aguilar, tería rematado en terceira posición.
Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:
XLVI Campeonato de España Sub-18 Short Track
Campeonato de España Sub-20 y Sub-16 de Marcha por Federaciones Autonómicas
Sorry, the comment form is closed at this time.