MANUELA BLANCO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

MANUELA BLANCO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Manuela Blanco participou no Campeionato de España Abolsuto de Short Track en Expourense o sábado 17. Logrou a 13ª posición cun mellor salto de 3.65, se ben a súa participación xa é todo un éxito, sendo o primeiro campionato de España absoluto no que participa.

Superou os nervos do debut con mestría e a punto estivo de superar a súa marca persoal no terceiro dos seus intentos sobre 3.85.

Unha 13ª posición no salto con pértega que non fai máis que augurar un gran futuro para a nosa xovencísima Manuela, formada desde moi pequena na nosa escola do Club Ourense Atletismo e agora baixo as ordes de Antonio Fernández.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

LX CAMPEONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO SHORT TRACK

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.