TREMENDOS RESULTADOS NOS GALEGOS DE LANZAMENTOS LONGOS

TREMENDOS RESULTADOS NOS GALEGOS DE LANZAMENTOS LONGOS

Tremendos os resultados acadados nos campionatos galegos de lanzamentos longos celebrados esta fin de semana en Vigo. O Ourense Altetismo veu cun total de seis medallas no conxuntos destes dous campionatos celebrados na fin de semana.

O sábado 10 foi o turno do Campionato Galego de Lanzamentos Longos sub18 e sub20, onde vimos o ouro de Hugo Fernández con 51.32 m. e o bronce de Daniel Villanueva con 44.70 m. no martelo sub20.

No campionato sub18 Martina Vila foi prata en disco con 3.82 m. e Icía Ares oitava en xavelina con 23.46.

Xa o domingo, no Campionato Galego de Lanzamentos Longos sub16Javier Cid gañou en martelo cun espectacular rexistro de 52.19, mmp e terceira mellor marca española. Manuel Eirín, que o día anterior lograra a medalla de prata en peso en pista curta, consegui nesta xornada o ouro en xavelina cun mellor lanzamento de 41.74 m. e a prata en disco con 45.62 m.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

VIII Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos sub-16

VIII Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos sub-18 & sub-20

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.