04 Feb TRES DOS NOSOS ATLETAS NO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS
Tres atletas foi a representación do Club Ourense Atletismo no Campionato Galego de Lanzamentos Longos Absoluto e Sub23.
Ata a cidade de Lugo desprazáronse Hugo, Daniel e Ana para competir nun dos poucos eventos de inverno onde lles é posible efectuar lanzamentos longos.
Os resultados foron os seguintes:
En Martillo 7,260kg:
– Hugo Fernández González 5° con 43.85m
– Daniel Villanueva Guede 7° con 38.30m
En Disco 1kg:
– Ana Raquel Revuelta Parra 6° con 30.42m.
Bos resultados dos nosos representantes, quenes terán máis oportunidades de lanzar ao aire libre.
Podes cosultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XIII Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos Absoluto e Sub 23
Sorry, the comment form is closed at this time.