04 Feb DOUS OUROS MASTER NO GALEGO DE 10.000
Dous ouros en categoría master foi o botín no galego de 10.000 metros celebrado como estreo da pista de atletismo de Cervo. A pique se estivo de obter outra medalla máis, xa que Miguel Ángel Álvarez, o gañador na categoría M40, quedou a tan só dez segundos do bronce absoluto. Miguel foi finalmente sétimo absoluto e ouro en M40 cun tempo de 35:23.27.
Pola súa banda, Saturnino González, quen xa nos ten acostumado ás medallas en galegos master, gañou desta vez o ouro M60 cun tempo de 37:06.01.
Bo estreo do noso club na pista da mariña, onde esperamos que cheguen máis boas novas no futuro.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.