MAURO GÓMEZ NO GALEGO DE COMBINADAS

MAURO GÓMEZ NO GALEGO DE COMBINADAS

Ourense Atletismo estivo presente a través de Mauro Gómez no Campionato Galego de Combinadas sub18. O campionato celebrado na fin de semana do 20 e 21 de xaneiro foi conxunto coas categorías sub16 e sub23.

Mauro finalizou en 11ª posición cun total de 2.475 despois das 7 probas do héptatlon. Nos 60 metros lisos realizou unha marca de 8.36, na lonxitude 4.61, en peso de 5kg 8.61, en altura 1.44, nos 60 valados (0.91m) 11.19, na pértega consegui pasar o 1.80 nun concurso que se lle complicou, e no 1.000 fixo 3:16.10, o que lle valeu para obter a séptima posición nesa disciplina, a cal foi na que obtivo un mellor resultado.

Os combineiros teñen fama de sacrificados e no caso de Mauro podemos afirmar que é así.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CAMPIONATO DE GALICIA COMBINADAS SUB16,SUB18,SUB23

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.