CAMPIOAS DE GALICIA

CAMPIOAS DE GALICIA

O equipo feminino do Club Ourense atletismo foi campión de Galicia de Clubs en pista curta. A pista cuberta de Expourense viu ás locais alzarse co trofeo de campioas nunha tarde máxica para o noso club.

As vitórias individuais do Ourense viñeron nos 60 valos grazas a Andrea Reija, do filial Xuncas Diversia, e a Manuela Blanco na pértega. A segunda proba do campionato e a última en rematar. O resto de probas foron moi regulares, con cinco segundos postos e tres terceiros. Os bos resultados fixeron que o noso club liderase a clasificación durante moito tempo, sendo superados hacia o final pola Gimnástica de Pontevedra pero volvendo a alcanzar liderato grazas á xa nomeada vitória de Manuela, quedando tan só medio punto por riba do conxunto pontevedrés.

O equipo masculino rematou en oitava posición, con seis quintos postos como mellores resultados. A dinámica dos últimos campionatos de clubs en categoría masculina é a dunha riña moi axustada entre os postos quinto e oitavo. Nesta ocasión tocounos a última praza, sen por eso desmerecer aos nosos atletas que quedarón a tan só medio punto a sétima praza, dous e medio da sexta e sete e medio dun Marineda que logrou con certa folgura a quinta posición.

A guinda do pastel é a segunda posición na clasificación conxunta, só por debaixo da Gimnástica que co segundo posto en mulleres e primeiro en homes quedou a bastante distancia.

Xornada fantástica para o Club Ourense Atletismo que coa colaboración dos seus filiais logrou un éxito que ata fai non tanto parecía imposible, e que pouco a pouco vai mellorando a súa posición no atletismo galego e español.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

COPA ABSOLUTA DE PISTA CUBERTA

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.