SANTIAGO CACHARRO E ITZÍAR MANSO GAÑAN A SAN SILVESTRE

SANTIAGO CACHARRO E ITZÍAR MANSO GAÑAN A SAN SILVESTRE

Juan Santiago Cacharro e Itzíar Manso, ambos atletas do Club Ourense Atletismo, gañaron a VIII San Silvestre Ourensá, organizada polo Club Ourense Atletismo e o Concello de Ourense, coa colaboración da Delegación en Ourense da FGA.

As segundas prazas da categoría absoluta foron tamén ourensanistas, xa que Martiño Míguez e Leyla Villar quedaron en segunda posición.

Na categoría sub10 tivemos tamén un segundo posto con Ada Cecilia Outeiriño. En sub12 quedamos de vacío en categoría feminina, pero a cambio vimos o triunfo de Marco Pereira. Na categoría sub14, que seguía sendo dunha volta ao circuito de 1 km, gañou Nicolás González en homes e tivemos triplete en mulleres, con Claudia Pérez de primeira, Carla Nieto de segunda e Leire Díaz de terceira.

Na carreira de 4.66 km, á marxe da carreira absoluta onde xa nomeamos aos ourensanistas con praza de podio, gañou Leyla Villar en categoría sub18 e en sub23 gañaron Martiño Míguez e Itzíar Manso. En máster A foi terceiro Alejandro LópezAna Isabel Soutullo gañou na categoría máster B e Aurora González en máster D.

Ao rematar, xunto a cerimonia de premios, houbo reparto de camisetas e de chocolate quente, que sentiu de marabilla a tódala xente que se acercou a rematar o ano cunha xornada de deporte e diversión.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

VIII SAN SILVESTRE OURENSÁ

Fotografía de Óscar del Campo

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.