A ESCOLA DO CLUB PÚXOSE A PROBA

A ESCOLA DO CLUB PÚXOSE A PROBA

A escola do Club Ourense Atletismo púxose a proba no Trofeo ABANCA de pista cuberta. Este campionato, tamén chamado Campionato Galego de club en categoría escolar en pista cuberta reuniu aos oito mellores clubs de Galicia nas diferentes categorías en idade escolar. O Ourense Atletismo clasificou a todos os equipos masculino (sub10, sub12 e sub14) e ao sub14 feminino, o que xa de por si é un logro.

Os resultados estiveron na liña do esperado, con algúns postos por riba da clasificación por estadillo e outros por debaixo, pero en calquera caso foi unha gran xornada de gozo e aprendizaxe para as persoas máis novas do club.

Comezamos cos sub10 masculino que partindo da oitava posición obtiveron un meritorio sexto posto e onde Rodrigo Cordero logrou o terceiro posto no 500, sendo o único do noso club que rematou entre os tres primeiros.

Na categoría sub12 masculina o club partía na cuarta posición e rematou finalmente da sexta, a escasos dous puntos e medio desa cuarta praza da que partía por estadillo. Erik González rematou segundo nos 60 metros cun tempo de 9.33 sendo o único representante do club entre os tres primeiros, xa que Marco Pereira rematou cuarto a un centímetro do terceiro na lonxitude.

En sub14 masculino partían por estadillo na sexta posición, sendo a mesma na que finalmente remataron. Destacar o terceiro posto de Nahuel del Río no 1000 con 3:06.79. En mulleres partían de terceiras e foron finalmente quintas. Paula Carrión foi a segunda en pértega con 2.10, mesmo posto que Usúe Bernárdez en peso  con 8.37. Na clasificación conxunta rematamos en quinta posición.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Trofeo ABANCA 2023 Pista Cuberta

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.