TRES MEDALLAS NO GALEGO DE MARCHA

TRES MEDALLAS NO GALEGO DE MARCHA

Disputouse o día 26 o Campionato galego de marcha en pista de inverno, con destacada presenza ourensanista. O campionato, celebrado na  Pobra do Caramiñal, rematou con 3 medallas para o Club Ourense Atletismo nas diferentes categorías.

A medalla de ouro logrouna Soledad Pousa na categoría Máster 50 cun rexistro de 32:40.28 nos 5.000 metros.

María Grande obtería a medalla de prata na mesma distancia pero na categoría Máster 45 cun tempo de 30:33.69.

Nas categorías por debaixo da sénior, Sheila Varela conquistou a medalla de bronce nos 2.000 metros sub14 cunha marca de 11:10.91.

Además das medallistas, tivemos a presenza de Isabel Carrión, Germán Quiroga, e Raquel Fernández. A primeira rematou os 2.000 sub12 en 11ª posición con 13:21.22, mentres que os dous último foron desclasificados polas faltas que observaron os xuíces durante a carreira.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XVI CTO. XUNTA GALICIA MARCHA EN PISTA – (INVERNO)

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.