DO LOCAL AO NACIONAL

DO LOCAL AO NACIONAL

Ata os atletas máis importantes comezaron polo máis baixo. Nesta fin de semana tivemos a fase local de campo a través na que tantas persoas se iniciaron no mundo do atletismo, e o Trofeo Espada Toledana de marcha atlética onde a nosa atleta internacional Carmen Escariz obtivo a segunda praza.

No concerniento ao cros, a presencia ourensanista foi moi ampla a pesar do mal tempo que se tivo que vivir. Os postos de medallistas foron para Álex Cid Rodrigo Cordero na categoría sub10 masculina con primeira e segunda posición respectivamente. Erik González no sub12 foi terceiro. Carla Nieto segunda sub14, categoría na que en homes ocupamos os primeiros catro postos con Nicolás GonzálezAroi FernándezYahya el Mansouri nos postos de ouro, prata e bronce e Marco Pereira na cuarta posición. Na categoría dos máis maiores, onde as cousas se poñen máis serias, obtivemos un novo triplete con Aloia Sabucedo en primeira posición, Usúe Bernárdez segunda e Claudia Pérez terceira. Na categoría masculina Nahuel del Río rematou en segunda posición e Mateo Lorenzo en terceira, sendo o cuarto o tamén ourensanista Daniel Armada.

Por equipos, obtivemos a segunda posición en sub10 masculino e sub12 feminino e masculino, e gañamos nas categorías sub14 feminino e masculino e sub16 feminino.

En Toledo, Carmen Escariz logrou a segunda posición con mellor marca persoal nos 5km cun tempo de 22.29.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

XOGADE Final Local Campo a Traves

Espada Toledana 2023

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.