
27 Ago FERNANDO OJEA CAMPIÓN GALEGO DE MILLA
Na vila luguesa de Lourenzá disputouse o Campionato Xunta de Galicia de Milla en Ruta no que participou o noso atleta Fernando A. Ojea logrando o campionato na categoría M55 cunha marca de 5:35.
Fernando foi o mellor dos maiores de 55 nunha carreira conxunta cos home maiores de 50 anos, quedando en sexta posición no seu conxunto. O noso atleta aventaxou ao chegar a meta por catro segundos ao segundo clasificado, Francisco Pazos, da SD Compostela.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.