DOUS NOVENOS POSTOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

DOUS NOVENOS POSTOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Dous novenos postos no Campionato de España Absoluto celebrado esta fin de semana en Torrent. Fantástica actuación tanto de Carmen Escariz como de Blanca Pereira na cidade valenciá.

O venres pola tarde foi o momento de Blanca Pereira, onde a pesar nos nervios tras facer nulos os dous primeiros lanzamentos, realizou un terceiro de 52.76 que lle permitiu ser novena, a menos de metro e medio da seguinte clasificada, que lle tería dado un posto válido para pasar á mellor e, á postre, quedar de finalista.

O sábado pola mañán foi o turno das marchadoras. Carmen Escariz participou cunha boa actuación nos 10.000 metros establecendo a marca da tempada con 49:06.87. A atleta foi a undécima na xeral, pero a novena española, posto que dúas das atletas que quedaron por diante eran australianas que competían fóra de concurso. A atleta que rematou na oitava posición fixo 32 segundos menos e tería que ter mellorado a súa marca persoal en dous segundos para alcanzala.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CIII CAMPEONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.